App gratuíta para Android: cata, puntúa e compara produtos de distintas marcas e supermercados, e descobre cal paga a pena.



Gazpachos, tortillas, cafés… Crea unha categoría e vai engadindo as marcas que probas.
Anota a tenda e o prezo, e decide ti se paga o que custa. Escanea o código de barras para ir máis rápido.
Cada categoría ten o seu podio: por nota ou por calidade/prezo. Todo se garda no teu móbil.
Le o código de barras e enche marca e nome con Open Food Facts.
Compara envases de distinto tamaño coa mesma vara de medir.
Un 👍 ou un 👎 en cada cata: o criterio é teu, non dunha fórmula.
O mesmo produto en varios supermercados, co seu prezo en cada un.
Garda a foto do envase para recoñecelo no andel.
Con conta, as túas catas e fotos sincronízanse entre dispositivos.
Descarga a APK e ábrea. A primeira vez Android pedirache permiso para instalar apps desta orixe. As versións novas instálanse enriba sen perder nada.